terça-feira, 19 de março de 2024

A Galicia que funciona (I)

 


A fotografía non debera precisar moita explicación. Esta é a Galicia que funciona da que tanto se gabaron os candidatos, asalariados e simpatizantes do Partido Popular antes, e sobre todo despois, das eleccións autonómicas do pasado mes de febreiro.

Esta é a cita que nos deron o 13 de marzo para unha consulta de pediatría. Temos que agardar case un mes porque esta cita en concreto debe estar acompañada dunha cita con enfermería, e parece ser que facer coincidir enfermería e pediatría é máis difícil.

Por suposto, non ten sentido ningún. Durante as horas de atención do servizo de pediatría haberá polo centro enfermeiros e enfermeiras de pediatría, pero parece ser que a aplicación non atopa "ocos" para facer coincidir nalgún momento ás dúas persoas, e por máis que buscou e intentou á persoa de xestión que me deu a cita non conseguiu atopar unha cita un pouco máis próxima.

E así estamos, así nos vai. A Galicia dos do PP funciona tan ben que pode permitirse dar citas dentro dun mes para unha revisión de pediatría.